CRTVG

Buscar

Bos días

A organización Proxecto Home fai 25 anos traballando na prevención do consumo de drogas

Publicado o 12/06/2015 10:15

A organización Proxecto Home está de aniversario. Fai 25 anos traballando na prevención do consumo de drogas e na rehabilitación de drogodependentes.

Para celebrar o seu cuarto de século de vida, organizaron unha gala benéfica onde comezaron a súa andaina, en Santiago.

Asistiron 300 persoas de todos os eidos da política e a sociedade galegas para render homenaxe ás 1.500 persoas que traballan en Proxecto Home, entre profesionais e voluntarios. E para lembrar tamén os 8.000 adictos que conseguiron reinsertar nestes anos.

No acto, o presidente da Xunta dixo que a organización conseguiu demostrar que non hai casos perdidos e agradeceulles o seu labor para crear homes e mulleres libres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

12/06/2015