CRTVG

Buscar

A organización Galiza Nova concéntrase en Santiago co lema 'Lume á Monarquía'

Publicado o 12/10/2018 15:03

Aquí, en Galicia, tamén houbo protestas contra as celebracións do Día da Hispanidade. Co lema 'Lume á Monarquía', mozos e mozas da organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, se cocentraron en Santiago nun acto que rematou coa queima dun boneco coa cara de Filipe VI.

Así remataba o acto convocado polas xuventides do BNG en Santiago. Galicia Nova concentrouse contra o que simboliza este 12 de outubro, Día da Hispanidade. Coa queima do moneco, rexeitabann o sistema político actual. Din que defenden a Galicia como nación. e argumenta que a monarquía condena á dependencia do Estado español.

Galicia Nova encaixa este acto na defensa da liberdade de expresión nunha xornada en que aseguran non hai nada que celebrar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2018