CRTVG

Buscar

A organización extremaba a seguridade nos desprazamentos

Publicado o 03/02/2020 15:23

A organización criminal que hai detrás desta operación contaba con rigorosas medidas de seguridade nos seus desprazamentos e con sistemas moi sofisticados para esconder a droga.

Os axentes descubriron un taller en Fuenlabrada onde instalaban no interior dos coches habitáculos de gran tamaño que ían recubertos de chumbo para evitar que foran detectados nos controis policiais. Trátase de compartimentos moi técnicos e foi fundamental a intervención dos cans para dar con eles.

O labor dos cans detectores de droga tamén foi fundamental nos rexistros efectuados dado que a organización criminal mesmo enterraba a droga en zonas de monte ou de difícil acceso para evitar a súa localización.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/02/2020