O Marisquiño decide a continuidade do festival tras o apoio da Xunta
Publicado o 27/02/2019 22:09
Despois da accidentada última edición, e no medio dunha comisión de investigación, a continuidade do Marisquiño pendía dun fío. Despois dunha reunión esta mañá entre a dirección do evento e a Xunta, a Administración asegurou que manterá o apoio ao festival, superando os 50.000 euros achegados na pasada edición.
A organización dirá a partir desta tarde se finalmente se celebrará unha nova edición. Mentres, continúa pechando os últimos acordos con administracións e patrocinadores. O festival de cultura urbana reuniu o ano pasado 160.000 asistentes.