CRTVG

Buscar

A orde dos capuchinos atendeu a petición dos fregueses da Coruña

Publicado o 26/05/2021 15:20

"Contentísima, máis non podo estar", "para min é marabilloso porque non concibía que os levasen", "foi un milagre". É o sentir dos fregueses da parroquia da Divina Pastora. Hai case un mes coñecían a intención da orde relixiosa de suprimir a comunidade dos Capuchinos da Coruña trasladando os dous relixiosos que actualmente quedan aquí.

"A orde de Irmáns Menores Capuchinos quere que existan comunidades de máis de cinco frades e senon teriamos que deixalo", explica o padre Rosendo

A Coruña comezou a súa particular loita, e conseguiron que a orde aceptara que o padre Rosendo, que leva 23 anos traballando nesta parroquia, quedara.

"Agradecemento eterno a todos os fregueses e á cidade da Coruña", di o padre Rosendo.

Con todo, o outro padre da orde, Felipe Tejerina, será trasladado a Vigo despois do verán. Vitoriosos, os fregueses din que os capuchinos da Coruña, con 103 anos de traxectoria, seguirán moitos máis.

Noticias web

26/05/2021