A oposición volve investir a Guaidó como presidente interino de Venezuela
A maioría opositora do Parlamento venezolano investiu de novo este martes a Juan Guaidó como presidente interino de Venezuela, tras unha accidentada sesión na que os deputados tiveron que abrirse paso cara ao Palacio Lexislativo á forza.
Esta decisión ratifica o desafío da oposición ao presidente venezolano, Nicolás Maduro, que goberna desde 2013 e ao que boa parte da comunidade internacional, cos Estados Unidos á cabeza, pídelle que se á parte do poder e convoque "eleccións libres".
O líder da oposición a Nicolás Maduro conseguiu entrar, xunto a 100 deptuados afíns, ao interior da Asemblea Nacional e cantar o himno, para celebrar despois unha sesión plenaria. A segunda. Porque a primeira celebrouna horas antes o autoproclamado presidente da Asemblea, o chavista Luis Parra, sen o quórum necesario para realizala.
Foi breve. Debateron sobre a escaseza da gasolina e a liberación dos presos políticos. Fóra do edificio, a policía impedía a entrada de Guaidó, elixido tamén como presidente da Asemeblea Nacional. A pesar da tensión, os partidarios de Guaidó conseguiron entrar para celebrar a súa propia sesión,