CRTVG

Buscar

A oposición venezolana rexeita dialogar con Maduro e aproba un estatuto para a transición

Publicado o 06/02/2019 17:09


A entrada da axuda humanitaria determinará en boa medida a sorte do desafío político lanzado pola oposición.
Maduro considera que non hai crise humanitaria e que se trata dunha escusa para intervir no país.

A Garda Nacional bolivariana, que non o exército, bloqueou con dous grandes transportes a ponte de Las Tienditas, que une Colombia con Venezuela. E Guaidó reiterou o seu chamamento ás forzas armadas.

Guaidó estivo onte no Parlamento, que controla a oposición, para aprobar un estatuto para de transición política e rexeitar todo diálogo co chavismo que alongue o sufrimento da poboación.

No exterior, medra a presión sobre Maduro e Trump reiterou que hai que poñerlle fin a un réxime que considera brutal. Pero a diferencia da Casa Branca, case ningún país contempla o uso da forza.

A Cruz Vermella ofreceuse para repartir toda a axuda que chegue pero antes será necesario que os militares permitan a súa entrada en territorio venezolano.
 

Noticias web

06/02/2019