CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A oposición venezolana di que España impide a entrada aos seus compatriotas

Publicado o 12/09/2018 15:27

A oposición venezolana residente en España pídelle ao Goberno español que acolla como refuxiados os seus compatriotas que escapan da que denominan "terrible crise humanitaria". Denuncian que no aeroporto de Baraxas están a prohibir a entrada a venezolanos.

Apelan ao principio de reciprocidade, a época en que Venezuela acollía os emigrantes españois. Hoxe, din, no aeroporto de Baraxas reteñen e devolven venezolanos.

Non hai diferenza, di Toledo, entre os que cruzan as fronteiras cara ao Brasil ou Colombia e os que viaxan a España. Todos foxen da crise humanitaria. Por iso piden ao Goberno español que facilite a súa entrada e os acolla como refuxiados.

Pídenlle a Pedro Sánchez que non se deixe influír polos dirixentes de Podemos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí