CRTVG

Buscar

A oposición venezolana denuncia a morte de 20 persoas nos hospitais durante o apagamento

Publicado o 11/03/2019 16:21

A falta de subministración eléctrica chega ao seu quinto día. O Goberno asegura que esta tarde se podería restablecer por completo esta subministración que alterou a vida de milleiros de venezolanos.

Á espera de que isto suceda, as autoridades suspenderon tamén hoxe as actividades laboais e escolares. A crise eléctrica afecta todos os sectores, pero a situación máis grave dáse nos hospitais, onde, segundo distintas fontes, desde o xoves morreron máis de vinte persoas.

Hoxe está prevista unha reunión de urxencia do Parlamento, que controla a oposición, para declarar o estado de alarma en todo o país. A falta de subministración eléctrica desatou unha nova vaga de saqueos en tendas e comercios e a policía informou de que foran detidas varias ducias de persoas.

Nicolás Maduro cre que o sistema eléctrico foi saboteado para desatar o caos no país. A falta de electricidade levou á compañía Iberia a cancelar hoxe o seu voo entre Madrid e Caracas. Air Europa decidíu que as súas tripulacións deixen de pernoctar en Caracas despois de que unha delas fose tiroteada esta fin de semana.

Noticias web

11/03/2019