CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A oposición vai crear no Parlamento unha comisión de investigación sobre a sanidade pública

Publicado o 14/09/2018 14:47

O Parlamento vai abrir unha comisión de investigación para analizar o sucedido coa morte dun home no PAC da Estrada.

Os tres grupos da oposición uníronse para poñer en marcha este mecanismo, que pretende analizar tamén a atención prestada aos enfermos da hepatite C.

BNG, PSdeG e En Marea entenden que a sanidade pública sufriu unha deterioración nos últimos anos e un recorte de recursos e de persoal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí