CRTVG

Buscar

A oposición únese para reactivar o proxecto Móvete por Ourense

Publicado o 02/09/2019 17:05

A oposición no Concello de Ourense únese para instar o grupo de goberno a reactivar o proxecto Móvete por Ourense. PSOE, BNG e Ciudadanos reclaman o compromiso e a dotación de recursos orzamentarios para a posta en marcha do proxecto que naceu xa hai dous anos e co que se pretendía a pacificación do tráfico e a integración da bici na cidade.

Mentres, Democracia Ourensana e PP xa anunciaron que neste mes se convocará a comisión de seguimento do plan e se porán en marcha varias accións. A moción debaterase no vindeiro pleno ordinario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019