CRTVG

Buscar

A oposición solicita un pleno extraordinario para abordar a condena do alcalde de Cerceda

Publicado o 04/09/2019 17:01
A oposición solicita un pleno extraordinario para abordar a condena do alcalde de Cerceda

Os grupos da oposición do Concello de Cerdeda solicitan a celebración dun pleno extraordinario pola sentenza que condena o alcalde, o histórico socialista José García Liñares, a oito anos de inhabilitación por un delito de prevaricación.

PP e BNG consideran que é necesario reclamar da Xunta Electoral Central a credencial da seguinte persoa integrante da lista electoral do PSOE para ocupar a alcaldía.

José García Liñares di que presentou dous recursos contra a sentenza polo que a inhabilitación aínda non é firme.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí