A oposición recorrerá á Xunta Electoral contra a permanencia de Alberto Rodríguez no seu escano
Publicado o 20/10/2021 08:06

PSOE e Podemos alíanse no Congreso para que o deputado Alberto Rodríguez poida conservar o seu escano malia a condena de cárcere por darlle unha patada a un policía.
Os dous grupos ampáranse nun informe non vinculante dos letrados da cámara a favor da súa permanencia. Pero a decisión xera moita controversia.
O propio Tribunal Supremo acusa a Mesa de reinterpretar unha condena. Di que é moi grave e que vai en contra da vontade plasmada na sentenza.
PP e Vox buscarán un pronunciamento da Xunta Electoral Central.