A oposición pregúntalle a Feijóo pola Lei de saúde, a folga na xustiza e o paro
O presidente da Xunta acaba de someterse ás preguntas da oposición sobre a folga na Xustiza, o paro e a sanidade.
Pois algún dato, como o que deu o presidente da Xunta ao BNG, que o acusaba de aplicar recortes en Sanidade. Asegura Núñez Feijóo que nos últimos 10 anos aumentou o presuposto en 250 millóns de euros.
Paro
As sumas e restas tamén se deron no debate co voceiro socialista. Fernández Leiceaga dixo que no último ano só se crearon 6.000 postos de traballo. Núñez Feijóo recordou que, nese período de tempo, saíron das listas do paro máis de 10.000 persoas.
Folga na Xustiza
O presidente da Xunta volveu facer contas cando se referiu ás peticións salariais dos sindicatos da Xustiza. Di que, se atenderan esa suba para todos os funcionarios, os gastos da Xunta aumentarían en 600 millóns de euros. Luís Villares acusouno de non ser quen de solucionar ese conflito laboral.