CRTVG

Buscar

Os grupos da oposición pídenlle á Xunta que lle poña fin á folga da Xustiza

Publicado o 16/04/2018 14:53

Os grupos da oposición instan a Xunta a retomar as negociacións cos traballadores da Xustiza para poñer fin a unha folga que dura xa máis de dous meses. Dende o PPdeG aseguran que o Goberno galego asistiu a 15 reunións e realizou 8 ofertas á alza para solucionar un conflito que esperan que se resolva esta mesma semana. 

Os grupos da oposición instan á Xunta a retomar as negociacións cos traballadores da Xustiza para poñer fin a unha folga que dura xa máis de dous meses. Dende o PPdeG aseguran que o Goberno galego asistiu a 15 reunións e realizou 8 ofertas á alza para solucionar un conflito que esperan que se resolva esta mesma semana. 

Pola súa banda o vicepresidente da Xunta de Galicia reiterou esta mañá a vontade negociadora do Goberno para esa vindeira xuntanza cos representantes sindicais que previsiblemente, dixo, convocará esta semana. Alfonso Rueda puxo en dúbida o compromiso dalgún sindicato coa consecución dun posible acordo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018