A oposición pide explicacións polas viaxes de inmigrantes das Canarias á Península
A chegada de centos de inmigrantes á Península procedentes das Canarias abre unha nova fronte ao Goberno. Sindicatos policiais e oposición piden explicacións aos ministros de Migracións e Interior por estes traslados que cualifican de opacos. O executivo nega estar detrás e lembra que os inmigrantes teñen liberdade de movemento ata a súa expulsión.
A denuncia chegou con vídeos coma este en que inmigrantes subían a un avión nas Canarias rumbo a Granada. Agora súmase Valencia onde voaron, segundo o Sindicato Unificado de Policía, máis de trescentos inmigrantes. Falan de traslados escuros e dubidan que se fagan PCRs. PP, Vox e Ciudadanos piden explicacións no Congreso.
O Goberno nega estar organizando eses traslados, que o minstro de Interior rexeitou hai dúas semanas en Rabat.
No caso de Valencia, a delegación do Goberno asegura que voaron pola súa conta, pagando o billete do seu peto. E desde Canarias piden apoio á Unión Europea para facerfronte á crise migratoria.