CRTVG

Buscar

A oposición lamenta que Feijóo non teña nada que ofrecer aos galegos

Publicado o 25/09/2019 12:29

Nas reaccións posteriores ao discurso de Alberto Núñez Feijóo, o voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, loou o relato "optimista, baseado no aval dos feitos constatables" co que o presidente galego, abriu o debate sobre el estado da autonomía que celebra desde este mércores o Parlamento de Galicia.   

Desde a oposición, Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG e voceiro dos socialistas galegos, considerou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pronunciou a súa "despedida" durante o debate do estado da autonomía, cun discurso "baleiro" de proxecto e solucións. 

O voceiro do Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, asegurou que o discurso co que o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, abriu o debate estivo marcado por "promesas xa escoitadas e que non se traduciron en nada" coas que "intenta escapar da realidade que deixan "dez anos de goberno para uns poucos".  

A voceira nacional del BNG, Ana Pontón, considerou que o discurso deixa ver un presidente "esgotado", que vive "nos mundos de Yupi de Monte Pío" e que "non ten nada que ofrecer aos galegos".  

O voceiro do Grupo Mixto no Parlamento, Luís Villares, cualificou o discurso do presidente da Xunta de "cortina de fume", unha estratexia que utilizou para evitar "falar dos problemas de Galicia" e para "vitimizarse". 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí