CRTVG

Buscar

A oposición insiste en que o Goberno xa está en campaña electoral

Publicado o 30/08/2019 15:57

Sobe a tensión política tras o duro pleno do Congreso de onte cheo de tirapuxas e acusacións.A oposición insiste en que o Goberno xa está en campaña electoral. Ábalos admite que están preparados para as eleccións.

Pasaron catro meses dende as eleccións xerais, e as negociación están en punto morto. No último pleno constatouse a distancia e tamén a desconfianza que separa o PSOE e Unidas Podemos. Para José Luis Ábalos, a crispación que se viu onte é o que impide pór fin ao bloqueo. Dende o PP pídenlle a Sánchez explicacións.

O martes, Pedro Sánchez presentará un programa de 300 medidas para convencer a Podemos de que os deixe gobernar en solitario, pero os de Iglesias reclaman unha coalición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/08/2019