CRTVG

Buscar

A oposición galega censura a declaración da Xunta

Publicado o 08/02/2019 15:21

Fronte ao posicionamento do PP, os grupos da oposición galega censuran a declaración institucional da Xunta e critican a manifestación convocada en Madrid.

Ana Pontón, voceira nacional do BNG: "Vai defender valores como o racismo, a xenofobia e o odio. Valores moi lonxe da sociedade galega".

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG: "A dereita en España está xogando coa verdade. Está falseando a realidade nunha estratexia de confrontación que ten como único obxectivo crispar".

Luís Villares, voceiro de En Marea: "Tampouco entendemos que o domingo Núñez Feijóo adiante a súa viaxe turística aos Estados Unidos para asistir a unha manifestación en Madrid que ten como obxectivo recortar dereiros. Estamos falando dunha manifestación que nega o diálogo".

Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG: "A min gustaríame que os socialistas galegos fonsen como os socialistas manchegos ou como os socialistas de Aragón. E que defendesen que España é unha e que non está en venda para os intereses persoais, personalistas do señor Pedro Sánchez".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2019