CRTVG

Buscar

A oposición demanda á Xunta máis axudas aos sectores máis afectados pola pandemia

Publicado o 13/01/2021 16:15

Sobre as novas medidas anunciadas pola Xunta acaban de pronunciarse os grupos da oposición en Galicia. O BNG cre que Feijóo debería ir máis aló nas restricións e pide, como os socialistas, apoio inmediato aos sectores máis afectados.

"Toda Galicia vai estar nun nivel extremo ou medio-alto de restricións fronte á covid. Esas medidas teñen que vir acompañadas dende o primeiro momento con medidas económicas para apoiar os sectores produtivos. Hoxe máis dun millón de galegos van ver como as súas restricións van ser moito maiores", afirmaba Gonzalo Caballero.

"Nós queremos pedir claridade e valentía nas medidas, porque de pouco vale facer trampas durante unha pandemia. E nese sentido cremos que tamén é importante que se faga un recate real dos sectores que están sendo máis afectados por esta crise. Nós esiximos que no mesmo DOG en que se publican as restricións, se publiquen as axudas para rescatar os sectores económicos que máis están sufrindo a pandemia", dicía Ana Pontón.

Noticias web

13/01/2021