CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

A oposición de Educación desenvólvese con normalidade

Publicado o 24/06/2017 21:22
A primeira xornada das oposicións de Educación desenvolveuse con normalidade. Máis de 14,400 opositores participan neste proceso selectivo para conseguir unha das 1.043 prazas ofertadas.

As probas comezaban áo mesmo tempo nas sete cidades galegas. Máis de 14.400 opositores agardaban polo exame. De entre eles sairán os pouco máis de mil novos mestres e profesores que se incorporan o sistema educativo o vindeiro curso.

Cadaquén chega con expectativas diferentes a estas probas. Hai quen se ve con opcións de obter unha praza e moitos que so veñen probar sorte.
Dispuñan de tres horas para facer o exame, pero despois de media hora,saían os primeiros.
O luns ainda haberá examés nalgunhas especialidades. Despois o proceso selectivo continuará cunha segunda fase de lectura dos exercicios. Unha vez aprobadas as dúas partes, sumaranse os meritos para obter a puntuación final de cada opositor.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí