CRTVG

Buscar

A oposición culpa o Goberno das subas da luz e Ribera replica que a situación é froito da mala praxe do anterior goberno

Publicado o 30/08/2021 20:56

Tanto Unidas Podemos como o BNG instaron a ministra a crear unha empresa pública de electricidade. Vox e o PP criticaron a súa inacción e culpárona directamente das subas da luz. Ribera replicou que a situación actual é froito da mala praxe do goberno anterior.

Teodoro García Egea, PP: "Nin o PP, nin a UE, nin a Rusia de Putin, nin as eléctricas son culpables da suba da luz. A única culpable desta situación é vostede".

Mireia Borrás, Vox: "Con vostedes subiu un 300 %, e vostedes pediron a dimisión de Rajoy por un 3 %. Vai dimitir vostede?".

Teresa Ribera, ministra para a Transición Enerxética: "Probablemente estariamos noutra realidade se non perderamos o tempo poñendo impostos ao sol, ou transformando o noso sistema eléctrico en favor das renovables"

Néstor Rego, BNG: "Ademais de defender unha nova regulación do mercado eléctrico, o BNG defende unha nacionalización dese sector".

Txema Guijarro, Unidas Podemos: "A posibilidade de crear unha empresa pública que incida neses mecanismos de mercado parécenos clave".

Teresa Ribera, ministra para a Transición Enerxética: "Cando un se empeña en tomar medidas en contra da lei pódese atopar co que non gusta, e iso xera un enorme impacto na economía e na confianza dos investidores".

Noticias web

30/08/2021