CRTVG

Buscar

A oposición critica o plan de desescalada e complica a prórroga do estado de alarma

Publicado o 29/04/2020 14:45

Pedro Sánchez fai autocrítica: "Os erros do Goberno de España asúmoos en primeira persoa"

Pero á oposición non lle basta. Esquerra Republicana bota contas: xa van 47 días en estado de alarma e sen diálogo. E advirte.

Gabriel Rufián, voceiro de ERC no Congreso, pregúntase:  "canto lles importa a lexislatura? Son conscientes da alternativa a non dialogar, a non informar, a non entendérense connosco?"

Ciudadanos tacha de inseguro e improvisado o plan de desescalada.

Edmundo Bal, de Ciudadanos, di que está "cheo de incoherencias. Parece que podemos ir á terraza dun bar a tomar unha cervexa, pero non a ver os nosos familiares"

E Sánchez volve falar de autocrítica, pero desta volta para pedírllela aos de Arrimadas: "tampouco ningún goberno autonómico do cal o seu partido forma parte pode presumir de acertar en todo. E podo garantirlle que os erros do Goberno de España os asumo en primeira persoa"

VOX confirmaba que non apoiará a ruta á chamada nova normalidade.

Santiago Abascal, presidente de VOX, di que "estamos ante o matasáns que foi responsable do aumento de mortes e da ruína que van padecer millóns de españois"

E o PP deixaba no aire o seu apoio á nova prórroga do estado de alarma ante un Goberno, di Casado, que non deixou de mentir desde o inicio da crise.

Segundo Pablo Casado, presidente do PP, "mente tamén cando di que quere pactar de corazón cunha oposición que ten que saber pola televisión dos seus plans de desescalada. Dicía Tarradellas que en política se pode facer de todo menos o ridículo. Vostede se quere pode seguilo facendo, pero non nos pida que o fagamos co vostede" Responde Sánchez:"anímoo a deixar a súa postura intransixente e a sumar e arrimar o ombreiro co Goberno de España porque iso é o que demanda, necesita e anceia o conxunto da sociedade española"

A oposición apartou as críticas para convalidar os decretos para que os autónomos apracen o pago de impostos e para reforzar a protección durante a crise ás vítimas da violencia de xénero.

Noticias web

29/04/2020