A oposición cre que a Lei de impulso demográfico insiste en políticas fracasadas
Publicado o 10/07/2019 16:16
• Feijóo di que as iniciativas de conciliación son as decisivas para impulsar a natalidade
• O novo voceiro de En Marea estréase na sesión de control
Os grupos da oposición cren que esta anunciada lei non achega nada novo e que insiste nas políticas natalistas. Din que a clave está na mellora da economía.
O presidente da Xunta mostrouse sorprendido porque critiquen unha lei que aínda non coñecen en profundidade. Ademais di que a economía non é o factor decisivo para impulsar a natalidade, senón as políticas de conciliación, en que vén traballando a Xunta desde hai anos.