CRTVG

Buscar

A oposición ataca a Iglesias no Senado a conta do caso Dina

Publicado o 20/10/2020 20:19

O caso Dina centrou os ataques da oposición ao vicepresidente do Goberno no Senado. O Partido Popular volveulle preguntar a Pablo Iglesias se dimitirá en caso de ser imputado. A senadora popular María Salom, preguntábase "por que cando lle preguntan que fará se o imputa o Supremo, vostede contesta que baixo ningún concepto considera esta hipótese. Vostede sábeo? Ten información privilexiada? Foi o presidente do Goberno que lle dixo 'Pablo, tranquilo, que cho arranxo eu'?"

O líder de Podemos di que esa hipótese non se vai producir. Pablo Iglesias sostivo que "non fai falla ter información privilexiada. Basta ler a contundencia coa que se expresaron tanto a Audiencia Nacional como a Fiscalía Anticorrupción para coñecer o percorrido xudicial dalgunhas acusacións, que vai ser exactamente o mesmo que o de todas as acusacións que recibimos en todos estes anos".

Noticias web

20/10/2020