CRTVG

Buscar

A oposición acusa a Sánchez de electoralismo polos pagamentos ás comunidades

Publicado o 10/10/2019 20:20

A Avogacía do Estado avala que o Goberno lles transfira ás comunidades autónomas 4.500 millóns de euros das entregas á conta de 2019. Será a través dun procedemento insólito en democracia.

María Jesús Montero, ministra de Facenda en funcións, di que "se vai producir un fito no modelo de financiamento autonómico porque é a primeira vez que un goberno vai desligar as entregas á conta do proxecto de presupostos e de estar ou non a pleno rendemento ou en funcións".

Eses mesmos servizos xurídicos desaconsellaban o procedemento hai só un mes, cando Pedro Sánchez buscaba formar goberno. Por iso a oposición acusa o executivo de electoralismo e de uso partidista das institucións.

Irene Montero, voceira adxunta de Unidas Podemos, opina que "se a cousa é que a xente xa non o cre. Entón, porque non o fixeron cando gobernaban?" A Albert Rivera, presidente de Ciudadanos,  "pareceme ben, pero o que non me parece ben é que se faga unha chantaxe. Edmundo Bal, que tamén sabe o que é ser purgado polos cambios de criterio do Goberno, dicíao hoxe: non pode ser que a Avogacía do Estado, en vez do ser do Estado, sexa do PSOE" Pablo Casado, presidente do PP, cre que "a Avogacía do Estado hoxe dá por bo nun informe o que hai unhas semanas dicía que era imposible. O Goberno usa, manipular a Avogacía do Estado para que lle deixe utilizar con fins electorais o financiamento autonómico".

Deses cartos, 330 millóns correspóndenlle a Galicia. O desbloqueo podería aprobarse no Consello de Ministros deste venres.

Noticias web

10/10/2019