A oposición a Feijóo, pendente do posible adianto electoral
Publicado o 10/02/2020 14:32
Tranquilidade no BNG. Malia que Ana Pontón segue de baixa pola súa recente maternidade, os nacionalistas presumen de ter todo listo para afrontar unha campaña electoral.
Moi distinta é a situación na esquerda rupturista, onde cada espazo ten o seu prazo para escoller candidato. No Grupo Común da Esquerda o último nome en se poñer sobre a mesa foi o de Martiño Noriega, de ANOVA. A voceira Luca Chao, de Podemos, tampouco se descarta a si mesma.
No PSdeG será Gonzalo Caballero quen aspire á presidencia da Xunta. E volven pedirlle a Feijóo que despexe o calendario.
E no PPdeG lembran que o presidente decide, que xa o fixo noutras ocasións, e que sempre acertou co momento de convocar ás urnas.