CRTVG

Buscar

A operación saída da ponte ponse en marcha con máis controis de velocidade, alcol e drogas

Publicado o 14/08/2019 13:20

Ao cambio de quincena, coas saídas e retornos de viaxeiros que trae consigo, súmanse a ponte xerada polo festivo do 15 de agosto, a multiplicación de festas, celebracións e romarías propias destas datas e os traslados típicos da fin de semana ás zonas de praia. Tráfico prevé que entre o mércores 14 e o domingo 18 de agosto se produzan nas estradas de Galicia, a zona occidental de Asturias e a área oeste de Castela e León, uns 932.000 desprazamentos. Son o 12% dos previstos en toda España, onde se esperan case 8 millóns. A partir das tres da tarde de mañá intensificarase a presenza de axentes para a regulación do tráfico e a realización de controis na estrada, tanto de velocidade como de consumo de alcol e drogas.

"Esta semana coincide cunha campaña de control de velocidade, fundamentalmente en vías desdobradas porque é onde estamos detectando, estamos sufrindo máis sinistros viais. Pero tamén en calquera vía, pero básicamente en vías desdobradas", di o Tenente da Garda Civil Manuel Julio Meléndez.

O reforzo da vixilancia será en autoestradas e autovías pero tamén, e sobre todo, en estradas convencionais. No que vai de xullo todas as vítimas mortais por accidentes de tráfico rexistráronse en vías secundarias. A DXT ten previsto regular os accesos aos municipios que celebran as súas festas locais no próximos catro días, así como os tramos de maior intensidade de tráfico.

"O obxectivo final é sempre recaudar vidas e que teñamos que lamentar o menor número de sinistros viais. Os accidentes moitas veces son inevitables, son accidentes un feito fortuito inevitable. Os sinistros viais si que son evitables, porque se un conduce en determinadas circuinstacias pois as estatísticas dínnolo que se multiplican as posibilidades de sufrir o que chamamos accidentes, pero que en realidade non son tan accidentais son sinistros viais moitaa veces evitables", di Meléndez.

É aconsellable escoller roteiros alternativos e fuxir das horas que se prevén máis complicadas para conducir. Este serán dende as catro ata as once da noite. A mañá do xoves a tarde do venres o sábado a mañá e a tarde do domingo ata as once da noite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019