CRTVG

Buscar

A operación especial de tráfico na ponte festiva arranca en Galicia cunha condutora morta

Publicado o 15/08/2019 17:50

Así arrancou a operación especial de tráfico da ponte de agosto. Primeiro, un accidente aparatoso no Bolo. Foi un choque entre un turismo e unha furgoneta nunha estrada local. Os bombeiros tiveron que liberar o condutor dun dos vehículos, un home de 78 anos, que levaron ao hospital en helicóptero.

Esta madrugada, accidente moi similar en Carballo. Unha muller faleceu esta madrugada tras un choque frontal entre un Ibiza e unha furgoneta Partner, que se produciu en Bértoa.

A condutora do Ibiza tivo que ser excarcerada polos bombeiros, pero ao chegar ao hospital, faleceu.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2019