CRTVG

Buscar

A operación contra Resistencia Galega tensa o debate entre Feijóo e Pontón

Publicado o 26/06/2019 16:17

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a líder do BNG, Ana Pontón, lanzáronse un cruzamento de acusacións sobre as súas alianzas electorais en relación á recente detención dos supostos líderes de Resistencia Galega.

O enfrontamento verbal entre ambos dirixentes comezou a raíz das alianzas que uns e outros se reprochan, xa que mentres para Pontón o PP pacta "de maneira secreta coa extrema dereita antigalega, racista e machista" -en alusión a Vox- para Núñez Feijóo o BNG faino cos "herdeiros do terrorismo vasco".

O debate subiu de intensidade cando Feijóo indicou que Pontón a semana pasada "perdeu unha grande ocasión" para censurar a actuación dos "supostos terroristas de Resistencia Galega, a única banda terrorista que aínda existe en España".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019