CRTVG

Buscar

A operación contra o tráfico de armas continúa en marcha con novos rexistros en Lugo

Publicado o 19/06/2020 19:19

Esta tarde seguiron en Lugo os rexistros no marco dunha operación contra o tráfico de armas. Os axentes levaron varias caixas dun bazar da Ronda da Muralla. Pero entraron tamén en varias vivendas. O obxectivo é desmantelar unha rede que supostamente modificaba armas de simulación para conseguir que disparasen.

Manuel Arias, voceiro da Policía Nacional en Lugo"Estase desenvolvendo en varias provincias de toda España e nestes momentos aínda continúa aberta. Séguense facendo rexistros".

Un dos rexistros foi neste chalé da zona da Campiña. De aquí saíu un dos detidos. Crese que hai polo menos 3 arrestados en Galicia e uns 40 en toda España.

"Cando trouxeron a orde de rexistro, abriron, foron uns policías para un lado e outros polo outro e empezaron a sacar caixas. E despois seica levaron o home detido", sinala unha veciña.

A operación aberta por un xulgado de Málaga está baixo segredo.

Noticias web

19/06/2020