A opción de conciliar no rural
Publicado o 18/02/2020 15:12
Rocío fixo na súa casa un niño onde coidar os meniños de Dumbría.
Educadora infantil de formación, solicitou axudas e puxo a andar esta casa niño, en que coida 5 nenos menores de tres anos.
Exerce de nai de día dos cativos, que quedan en boas mans mentres seus pais traballan.
Areíña de Cores é unha das 75 casas niño do país. A Xunta prevé crear agora outras 23 para estender o servizo a todos os concellos que puidesen precisalo.