CRTVG

Buscar

A ONU súmase ás alertas de risco no Sáhara

Publicado o 03/12/2019 08:52

A ONU súmase ás alertas de risco no Sáhara. Pídelles aos cooperantes próximos á cidade alxeriana de Tinduf que extremen as medidas de seguridade ante posibles secuestros e ataques contra os campamentos saharauís. A alerta da Misión de Nacións Unidas está baseada en información do Goberno alxeriano. Chega despois da emitida a semana pasada polo Goberno español, que advertía dun posible atentado contra cidadáns e intereses españois na zona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019