CRTVG

Buscar

A ONU prorroga seis meses a súa misión política en Afganistán

Publicado o 18/09/2021 00:15
A ONU prorroga seis meses a súa misión política en Afganistán

O Consello de Seguridade da ONU prorroga seis meses o mandato da misión en Afganistán (UNAMA), á espera de adaptalo á nova situación creada pola toma do poder polos talibáns. A prórroga do mandato foi acordada por unanimidade dos 15 países do Consello. A misión política da ONU leva en Afganistán dende 2002. Entre outras cousas, ocúpase de vixiar o respecto aos dereitos humanos e de facilitar a subministración humanitaria. O texto evita recoñecer a lexitimidade dos talibáns.