A ONU pídelle explicacións ao goberno de Cuba por 187 desaparecidos durante as protestas
A ONU faise eco do informe dunha ONG que fala de centos de detidos e desaparecidos durante as protestas en Cuba, e pídelle ao Goberno de Dïaz-Canel unha resposta urxente ante 187 desaparicións forzosas. E Michelle Bachelet, alta comisionada para os Dereitos Humanos, esixe a liberación dos manifestantes detidos. Mentres a illa vive unha calma aparente, a presión internacional sobre o réxime cubano pola resposta ás manifestacións aumenta.
"Cuba é desgraciadamente un estado frustrado que reprime os seus cidadáns", dixo o presidente dos Estados Unidos nunha conferencia de prensa coa chanceler alemá. Preguntado polas medidas para axudar o pobo cubano, Joe Biden desbota o envío de remesas... pero estuda como restaurar o acceso a Internet na illa caribeña.
Na Florida, os exiliados cubanos manteñen as mobilizacións e presionan os políticos para que busquen unha solución. E o eco das protestas tamén resoa en Galicia. A comunidade cubana convoca mañá unha manifestación polas rúas da Coruña baixo o lema "Patria e Vida".