CRTVG

Buscar

A ONU pide reducir o consumo de carne para loitar contra o cambio climático

Publicado o 08/08/2019 21:06

O grupo de expertos da ONU que realizou o informe asegura que xa non e suficiente con reducir ou suprimir os gases de efecto invernadoiro na industria e no sector enerxético. Advirte de que para frear o cambio climático fan falta cambios profundos noutros sectores como o da produción de alimentos e a xestión dos terreos.

E como consecuencia, nas dietas. Recomenda reducir o consumo de carne, e asegura que as dietas baseadas en alimentos de orixe vexetal, como os cereais, os legumes, as froitas e as verduras teñen beneficios comprobados na loita contra o cambio climático.

De acordo co informe, no planeta derróchase entre un 25 e un 30 por cento da comida que se produce, o que supón un 10 por cento das emisións de CO2, o principal causante do efecto invernadoiro.

A ONU formula a necesidade de darlle unha resposta rápida a este desafío, ou as consecuencias, aseguran, poden ser fatais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019