Lula Goce elaborará unha peza contra o cambio climático polo 75 aniversario da ONU
Publicado o 04/11/2020 20:17
A pandemia frustrou un proxecto que tiña en Nova York coa ONU, pero saíulle outro en Bruxelas.
Alí, Lula Goce elaborará unha peza contra o cambio climático inspirada na pintura flamenga. Todo iso para conmemorar o 75 aniversario das Nacións Unidas.
A viaxe a Bruxelas está á espera da evolución da pandemia e permanecerá alí durante unha semana para plasmar a súa arte na Biblioteca Real. Decorou medio mundo e o seu último traballo é este mural que está xunto ao cemiterio de Panxón onde fai unha oda á diversidade.
A pesar do coronavirus, Lula continúa cos seus proxectos. A próxima semana realizará unha actividade educativa no CSIC de Vigo.
Marchará a Berlín o mes que vén para inugurar unha exposición e en canto poida irá aos Estados Unidos.