CRTVG

Buscar

A ONU felicita a Hamas e Al Fatah polo proceso de reconciliación familiar palestino

Publicado o 13/10/2017 10:00

O proceso de reconciliación entre as organizacións palestinas máis importantes, HAMAS e Al Fatah, segue adiante para a implantación dun goberno de unidade nacional.

Ambos grupos, eternos rivais nos territorios palestinos, mostraron a súa disposición a concluír con éxito este proceso de reconciliación que farán extensivo a outras orgnizacións palestinas. A ONU felicitou a ambas partes por este principio de acordo, polo que a Autoridade Palestina tomará o control da faixa de Gaza, en poder de HAMAS, e dos pasos fronteirizos con Exipto e Israel.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2017