CRTVG

Buscar

A ONU e National Geographic alertan do consumo masivo de plásticos dun só uso

Publicado o 05/06/2019 18:34

Planeta ou plástico? Non é unha pregunta retórica senón a alerta que lanzan conxuntamente a ONU e National Geographic para concienciar sobre a reciclaxe. A través de fotografias e vídeos alarmantes e desoladores, pretenden animar a todo o mundo a deixar de utilizar os plásticos de un só uso.

No material do día a día, na decoración... A ONU alerta dun grave problema global: o consumo masivo de plásticos dun só uso. A sede das Nacións Unidas acolle ata o 24 de xuño unha exposición coa colaboración de National Geographic para alertar sobre as toneladas de plásticos que infestan o noso ecosistema. Ata 8 millóns de toneladas, tal e como dixo a anfitrioa do evento, a actriz Whoopi Goldberg, algúns expertos soben a cifra ata 12 toneladas.

A mostra forma parte dunha gran campaña de concienciación lanzada por National Geographic o ano pasado.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/06/2019