CRTVG

Buscar

A ONU denuncia a limpeza ética dunha minoría musulmá

Publicado o 13/09/2017 21:32

Foxen en masa da violencia en Birmania, de asasinatos colectivos, bebés e nenos incluídos, de violacións, da queima das súas aldeas. Son rohinyás, unha minoría musulmá sen dereitos nun país maioritariamente budista. A súa persecucion aumentou a raíz dun ataque a insurxentes rohinyás contra postos policiais no noroeste do país o 25 de agosto. Dende entón morreron polo menos 400, outros 400.000 fuxiron á veciña Bangladesh. Moitos morren ao intentar cruzar o río que marca a fronteira. "Dispárannos, matánnos, queiman as nosas casas. Vimos aquí fuxindo do terror". 
A ofensiva despiadada do exército birmano e dos paramilitares budistas conta coa compracencia da premio Nobel como presidenta de facto do país, esta muller Aung San Suu Kyl (ausán-suchil). A ONU pediulle o cesamento inmediato destas operacións que cualificou de limpeza étnica de libro
A situación nos campamentos de Bangladesh é tamén dramática. As ONG tratan de cubrir a falta de apoio que reciben do Goberno, que lles pide que regresen canto antes ao seu país. A maioría deles son mulleres e nenos que sofren desnutrición. E son ducias os menores que morren por falta de comida, hixiene e abrigo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017