CRTVG

Buscar

A Armada Arxentina confirma que o submarino desaparecido sufriu unha explosión

Publicado o 23/11/2017 21:00
A Armada arxentina confirmou que o ruido rexistrado nas últimas horas corresponde a unha explosión na zona do Atlántico sur onde desapareceu o submarino ARA San Juan hai xa máis dunha semana. A noticia afundiu os familiares, que xa perderon toda esperanza de atopar os seus seres queridos. 
Cada vez parece máis difícil atopar con vida ós 44 tripulantes do submarino arxentino ARA San Juan.
A Armada confirmou que houbo unha explosión na zona onde desapareceu o navío o mesmo día no que estableceu o último contacto coa central. A pesares da intensa busca non hai nin rastro da nave e a desesperación apodérase das familias. 
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/11/2017