CRTVG

Buscar

A ONU alerta dunha catástrofe xeracional se non reabren as escolas

Publicado o 04/08/2020 13:38

O virus repunta en todo o mundo e ameaza o futuro de millóns de nenos. A ONU alertou hoxe de que a reapertura das escolas debe ser agora unha prioridade que evitae unha catástrofe xeracional. 

Ata as zonas máis afastadas da India chegou tamén o coronavirus.

Lugares onde a electricidade non existe e Internet é un imposible, milleiros de nenos levan meses sen escola.

Ata esta pequena aldea do oeste do país chegan, grazas a unha organización sen ánimo de lucro, as leccións pre-gravadas que os nenos as escoitan mediante altofalantes.

A ONU cre que é o momento de tomarse en serio a reapertura das escolas canto antes polo risco de que se produza unha catástrofe xeracional.

Alguns países, como México, pactaron coas grandes cadeas de TV a emisión de clases, porque non cren seguro regresar ás aulas.

O virus repunta en case todo o mundo e a UNESCO teme que uns 24 millóns de alumnos acaben abandonando a escola.

Noticias web

04/08/2020