A ONU advirte de que ningún país está preparado para almacenar a vacina de Pfizer
Publicado o 12/11/2020 19:23

A OMS avisa. Ningún país está preparado nestes momentos para a almacenaxe e transporte da vacina de Pfizer.
O antídoto contra a covid-19 presentado este luns require unha conservación a 80 graos baixo cero. E en ningún momento se pode romper a cadea de frío. Calquera país que queira usala terá que empezar a prepararse.