CRTVG

Buscar

A ONU acusa o herdeiro saudita da morte de Khashoggi

Publicado o 19/06/2019 19:20

Un informe da ONU asegura que hai "probas cribles" de que o príncipe herdeiro de Arabia Saudita está detrás do asasinato do xornalista Khashoggi. Por esas probas, recomenda o informe, Mohamed Bin Salman debería ser investigado.

Máis de cen páxinas recollen conversas e gravacións dos últimos días do xornalista no consulado de Istambul onde foi asasinado. E conclúen que a sua morte foi unha deliberada e premeditada execución da que fai responsable ao estado de Arabia Saudita. Desde Riad cuestionan a credibilidade da investigación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019