CRTVG

Buscar

A ONU acorda con Maduro un programa de alimentación dos nenos máis vulnerables

Publicado o 20/04/2021 08:27
A ONU acorda con Maduro un programa de alimentación dos nenos máis vulnerables

Nacións Unidas chegou a un acordo co Goberno de Venezuela para comezar un programa de alimentación dos nenos máis vulnerables do país.

O programa proporcionará comida diaria a uns 185.000 menores, aínda que esa cifra se irá ampliando progresivamente ata o millón e medio de escolares o próximo ano.

O acordo foi posible tras a xuntanza que mantiveon este domingo en Caracas o director do Programa Mundial de Alimentos e o presidente Nicolás Maduro. A ONU estima que máis do 32 % dos venezolanos ten problemas para garantir a súa alimentación.

Noticias web

20/04/2021