CRTVG

Buscar

A ONG Vida Digna pide colaboración para poder atender todas as persoas

Publicado o 12/05/2020 14:26

A asociación benéfica de Vigo Vida Digna fai un chamamento a empresas e particulares para que colaboren con eles e así poder atender os cidadáns sen recursos.

Esta é a enorme ringleira de persoas que agardaban á primeira hora da mañá para poder acceder aos alimentos que ofrece esta oenegué. Dende Vida Digna advirten que coa crise do coronavirus chegou tamén a crise económica para moitas familias que quedaron sen recursos para poder comprar produtos de primeira necesidade. Din que nun só día chegaron atender case 400 persoas. Por iso solicitan axuda con urxencia.

Noticias web

12/05/2020