CRTVG

Buscar

A OMS rexistra 124 proxectos de vacina

Publicado o 26/05/2020 20:11


Laboratorios de todo o mundo traballan contra o reloxo para atopar unha vacina contra a COVID-19.
A Organización Mundial da Saúde rexistrou 124 proxectos para comprobar a súa eficacia. Deles, só 10 están en fase clínica, é dicir, que xa se están realizando ensaios en humanos. O resto son experimentos en laboratorios con animais. A industria farmacéutica comprometeuse a que a vacina contra este virus estará dispoñible para todos por igual.

Noticias web

26/05/2020