A OMS desaproba aplicar unha vacina diferente aos que recibiron a primeira dose da de AstraZeneca
Substituír a segunda dose de AstraZeneca por outra vacina diferente é unha das posibilidades que Sanidade estuda para os menores de 60 que xa recibiron a primeira inxección
"O que teñen que estudar é que a eficacia final sexa a mesma. Se é así, non hai ningún problema en cambialas"
Polo momento hai varios estudos en marcha, pero ningún resultado concluínte. Por iso a OMS non recomenda poñer outras vacinas en lugar da segunda dose de AstraZeneca. Tampouco a Sociedade Española de Inmunoloxía, nin outros expertos.
"Non hai ningún estudo que mesture vacinas. O lóxico sería que puidesen recibir a segunda dose da mesma vacina de Astrazéneca"
Outra das opcións que están sobre a mesa é quedar cunha única dose.
Os expertos galegos tamén lanzan unha mensaxe de tranquilidade porque, din, aínda hai tempo ata a segunda dose.
Será a comisión de saúde pública a que tome a decisión defiinitiva, en base á evidencia científica, e ás conclusións da Axencia Europea do Medicamento.