CRTVG

Buscar

A OMS recomenda limitar a unha hora o uso de pantallas nos menores de cinco anos

Publicado o 25/04/2019 15:19

Afastar os bebés das pantallas. E limitar a unha hora diaria o consumo dos nenos de entre dous e catro anos. Son as pautas coas que OMS quere frear o avance da obesidade infantil e outros problemas derivados de uso abusivo de tabletas, móbiles e televisión.

A guía da OMS propón cambiar o exceso de pantalla por horas de sono e xogo. Recomenda que os nenos de entre un e catro anos fagan tres horas de actividade física diaria, aínda que isto supoña un maior traballo para os pais.

Así que, xa saben, menos pantallas e máis xogo e descanso para os cativos. Rutinas saudables para previr a obesidade desde o berce.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019