A OMS pide que se apliquen medidas adaptadas a cada territorio
Publicado o 07/05/2020 09:13
A Organización Mundial da Saúde avisa que se os países non xestionan ben a desescalada o risco de volver ao confinamento é moi real.
O director xeral da OMS dixo que dentro de cada país a incidencia do coronavirus é distinta en cada rexión. Por iso destacou a importancia de adoptar medidas propias para cada territorios. E engadiu que o impacto da pandemia vai moito máis alá do número de contaxios e de persoas falecidas.
Lembrou que en todo mundo se infectaron da COVID-19 máis de tres millóns e medio de persoas e morreron 250.000.